Autofelación

acto de estimulación oral do propio pene From Wikipedia, the free encyclopedia

Autofelación
Remove ads

A autofelación é unha forma de masturbación masculina que consiste na estimulación oral do propio pene. A miúdo foi considerado un acto imposible de realizar, debido á dificultade que entraña. Porén, algúns homes teñen flexibilidade suficiente para poder facelo[1].

Thumb
Home realizando unha autofelación.

Historia

Existen restos arqueolóxicos que representan a homes que teñen os seus propios penes na boca. O académico David Lorton di que moitos textos antigos vinculan a autofelación coa relixión practicada no Antigo Exipto[2]. O deus do sol, Ra, creou ó deus Shu e á deusa Tefnut practicando a autofelación e vertendo o seu seme sobre o chan.

Aspecto físico

Poucos homes reúnen características físicas (flexibilidade, lonxitude do pene...) que lles permitan practicar a autofelación. Porén, existe a crenza de que certos adestramentos físicos como a ximnasia ou o ioga permiten desenvolver esa capacidade. Alfred Charles Kinsey sinalou no seu reputado Informe que menos do 1% dos homes poden ter contacto oral co seu pene, e que só 2 ou 3 de cada mil poden realizar a autofelación[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads