Búfalo africano

From Wikipedia, the free encyclopedia

Búfalo africano
Remove ads

O búfalo africano,[2] ou búfalo cafre (Syncerus caffer) é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos[3] que habita nos bosques e sabanas da África subsahariana, especialmente ao leste do continente.

Máis información Syncerus cafferBúfalo africano / Búfalo cafre, Estado de conservación ...
Remove ads

Características

Thumb
Parella de búfalos africanos no P. N. do Serengeti, Tanzania.
Thumb
Búfalo africano macho.
Thumb
Cranio de búfalo africano.
Thumb
Manda de búfalos africanos.
Thumb
Búfalo africano na Ngorongoro Conservation Area, Tanzania.

De corpo moi grande e mazizo, pesado e con patas vigorosas, con aspecto que recorda ao do gando vacún, co fociño grande, ancho, espido e húmido, e cornos moi macizos e unidos nas bases.[4]

O seu tamaño é algo menor ao do seu parente o búfalo aisático (Bubalus bubalis bubalis), con quen comparte subtribo, aínda que segue a ser impoñente, xa que ten unha lonxitude de cabeza e tronco de entre 2,1 e 3,4 m, e unha altura na cruz de entre 1 e 1,7 m,[4][5][6] e pode pesar até 800 ou mesmo 900 kg (os espécimes que viven nas sabanas; os que habitan nas selvas, só até os 320 kg).[4][5][6]

Os cornos, presentes en ambos os sexos, son grosos e moi desenvolvidos, moi anchos nas bases, macizas e soldadas entre si, e curvados cara a arriba nos extremos, rematados en punta. Os das femias están menos desenvolvidos. O tamao dos cornos, a coloracoión xeral e a forma son moi variábeis segundo as subespecies.[4] A envergadura dos cornos (distancia entre as puntas) pode alcanzar nos machos un metro.

As patas son fortes e vigorosas, o pescozo máis ben curto, e o fociño ancho e espido. As orellas son grandes.[4]

O corpo está cuberto cunha pelaxe de cor parda escura ou negra, rara e cos pelos de escasa lonxitude nos adultos (pero ben poboada nos individios novos);[4] os pelos só son longos en todos os espécimes no extremo da cola e nos bordos das orellas. Nos individuos novos a coloración da pelaxe é en xeral máis parda ou avermellada.[4]

Ao igual que na maior parte dos bovinos, esta especie tamén presenta dimorfismo sexual, sendo as femias de menor tamaño, cor máis clara e cos cornos máis pequenos.

Remove ads

Bioloxía

Os machoa maduran sexualmente antes que as femias, contra os cinco anos de idade, mentres que as femias alcanzan a madurez aos oito anos.

Os búfalos africanos son animais gregarios, que se agrupan en mandas de tamaño variábel, desde 4 oi 5 individuos nas zonas boscosas de África central, a miles nas sabanas do leste do continente. Os machos ocupan as marxes do grupo, mentres que as femias e as crías (normalmente unha por parto tras unha xestación de 300 a 330 días) concéntranse no interior, onde corren menos perigos. As mandas contan cun grupo de machos vellos que a guían e a alertan dos depredadores.[7]

Remove ads

Distribución e hábitat

A área de dispersión do búfalo africano é bastante extensa, pero moi fragmentada. A partir do sur do Sáhara esténdese desde o Senegal ao Sudán, e até Etiopía, abarcando a zona de selva ecuatorial, isto é, por todca a parte central do continente.[8] Polo sur chega até Suráfrica (Véxase mapa na caixa de clasificación na parte superior esquerda do artigo).

Estes ruminantes prefiren as chairas á montaña, e establécense case sempre en zonas nas que abunde a auga, xa que non poden prescindir dela en absoluto; Porén, en casos extremos confórmanse coa lama.[8]

Depredadores

Dado o seu tamaño e o seu mal carácter (sobre todo cando están feridos), os búfalos africanos carecen de depredadores, salvo o home, o león e o crocodilo do Nilo. Os leopardos e as hienas depredan ocasionalmente sobre as crías que se afastan demasiado da manda, aínda que isto no sucede con frecuencia.[6]

Taxonomía

O xénero Syncerus foi establecido en 1847 polo administrador colonial, etnólogo e naturalista británico Brian Houghton Hodgson.

O nome Synceus deriva do elemeto de composición do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, "xuntamente", "á vez", "ao mesmo tempo", e a palabra κέρασ kéras, "corno", aludindo á unión dos cornos destes animais na base.

A especie fora descrita moito antes, en 1779, polo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman, baixo o nome de Bos caffer,[9] na páxina 79 da súa obta "Bos Caffer, et nytt Species af Buffel, från Caput Bonæ Spei", publicada en Kongliga Vetenskaps Academiens Handlingar 40 (1-3): 79-84. Estocolmo.[10] Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Syncerus, como Syncerus caffer, nome que se conservou até hoxe.

O nome caffer Sparrman tirouno do portugués antigo cáfer, que á súa vez o tomou do árabe كافر, káfir, "infiel", "incrédulo", que os comerciantes árabes aplicaban aos nativos das rexións bantús de Suráfrica.[11][12]

Subespecies

A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusións debido á gran variabilidase da especie.[4] Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[5][13] (véxase o mapa máis arriba) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[3]

  • Syncerus caffer caffer - búfalo negro, búfalo do Cabo
  • Syncerus caffer aequinoctialis - búfalo do Nilo
  • Syncerus caffer brachyceros - búfalo do Sudán
  • Syncerus caffer matthewsi - búfalo de montaña (Habita en zonas montañosas, e non está universalmente recoñecido)
  • Syncerus caffer nanus - búfalo anano, búfalo de bosque
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads