BM Porriño
equipo galego de balonmán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Club Balonmano Porriño é un equipo de balonmán do concello pontevedrés do Porriño. Conta con 11 categorías, tanto femininas coma masculinas. A sección feminina xoga na División de Honra, a máxima categoría en España.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Remove ads
Historia
Na década de 1970 existiu un equipo de balonmán feminino no Porriño, que na tempada 1974-75 chegou a competir na primeira división, mais o proxecto desapareceu por falta de apoios económico.[1] En 1985 fundouse o club, e na tempada 1990/91 comezaron a traballar coa canteira.[1] Na tempada 1996/97 o club feminino ascendeu á División de Honra. Logo de catro anos descendeu á División de Prata, e recuperou a máxima categoría en 2011.[2] tras unha fase de ascenso[3] que se xogou na propia vila do Porriño.[4] Na tempada 2013/2014 acadaron a 5ª praza, co que se clasificaron para a Recopa EHF, o que lograron de novo na tempada seguinte e na 2022/23.[5]
Foi o club anfitrión da Copa da Raíña nas tempadas 2015-16 e 2016-17,[6] e os dous anos chegaron ás semifinais. Na tempada 2019/20 ían en penúltima posición na liga cando se cancelou a competición por mor da pandemia de COVID-19, polo que finalmente mantiveron a categoría.
Na tempada 2023/24 acadaron a 4ª posición, o que lles permitiu clasificarse para a EHF European Cup.[7][8] Na tempada 2024-25 clasificáronse para o play-off da liga e chegaron á final da EHF European Cup.
Remove ads
Traxectoria
Categoría feminina
Categoría masculina
Remove ads
Distincións
En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios ao deporte.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads