Badr A

Primeiro satélite artificial de Paquistán. From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Badr A, tamén coñecido como Badr 1, foi o primeiro satélite artificial de Paquistán. Foi lanzado o 16 de xullo de 1990 mediante un foguete chinés Longa Marcha 2E desde o Centro espacial de Xichang.[1][2][3][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Badr A foi o primeiro satélite artificial pertencente a Paquistán, aínda que lanzado mediante un foguete chinés. Foi inxectado nunha órbita inicial de 201 km de perixeo e 984 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 28 graos.[1][6]

A finalidade orixinal do satélite era probar un experimento sobre comunicacións dixitais no espazo usando as bandas correspondentes ás franxas entre 144 e 146 MHz e 435 e 436 MHz. Tiña forma poliédrica, con 26 caras e 483 mm de diámetro.[1][3]

Os sinais do satélite deixaron de recibirse 35 días despois da posta en órbita polo que se pensa que foi un fallo eléctrico e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1990.[1][2][3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads