Balea azul

Mamífero mariño, o meirande animal do mundo From Wikipedia, the free encyclopedia

Balea azul
Remove ads

A balea azul,[3] tamén coñecida como rorcual azul,[4][5] Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.

Datos rápidos Características, Conservación ...

É o maior animal que existe na Terra; algúns exemplares acadaron lonxitudes de 33 m e pesos de 190 t, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de tan gran tamaño, observados na década de 1930, non sobreviviron á caza do home. Na actualidade os exemplares superviventes alcanzan tamaños máis reducidos, duns 25 m.

A decembro de 2005, unha das áreas con maior poboación de baleas azuis é a zona das illas do Atlántico sur.

A subespecie que pode atoparse nas costas das illas Canarias e da Península Ibérica é Balaenoptera musculus musculus, a subespecie tipo.

A simple vista é doada de confundir con outra balea, o rorcual común (Balaenoptera physalus), de dimensións e morfoloxía parecidas, pero cunha cor da pel gris escura ou negra.

Remove ads

Taxonomía e etimoloxía

A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[6] na que a denominou como Balaena musculus, sendo despois reclasificada dentro do xénero Balaenoptera, descrito por Lacépède en 1804.

O nome específico, musculus, que significa "ratiño" en latín, foi unha broma ou brincadeira científica sobre o tamaño deste animal, xa que en realidade é o mamífero máis grande que existiu xamais.

Remove ads

Anatomía

Thumb
Esqueleto de balea azul, fóra do Laboratorio Mariño da Universidade de California, en Santa Cruz, California, EUA.

O seu ventre moitas veces ten unha cor agrisada ou amarelada por mor da presenza de diatomeas (algas) que se adhiren a el. A súa parte superior e laterais varían de cor dende o azul ao gris azulado. A súa cabeza é moi longa e fina (aproximadamente un terzo da lonxitude total do animal), aínda máis na súa parte superior, con presenza de raias lonxitudinais na garganta. É o balénido con barbas máis longas na súa boca (50 cm de ancho por 100 de lonxitude). Ao non ter dentes, é un misticeto. As barbas penduran da mandíbula superior e serven para filtrar os crustáceos da auga.

Na parte superior da testa posúen dous buracos, chamados aventadores, que lles serven para respirar. Acotío expulsan ar e auga polos aventadores provocando columnas de auga vaporizada de até 9 metros de altura. Os seus pulmóns poden conter cinco mil litros de ar, aproximadamente.

Este animal pode chegar a ter un corazón tan grande como un automóbil pequeno, a súa lingua é tan grande como un elefante adulto e o seu cerebro pesa catro veces máis que o do ser humano, mostrando signos de grande intelixencia.

A identificación dos exemplares faise moitas veces por catalogación de fotografías das súas aletas dorsais, que son proporcionalmente pequenas, e diferentes en cada individuo.

O seu ritmo cardíaco en momentos de esforzo é de tan só 18 a 20 pulsacións por minuto, en contraste coas 120 normais nos humanos en parecidas circunstancias. Nos segmentos máis anchos das arterias dunha balena azul, unha persoa alta podería permanecer de pé (1,80 m de diámetro).

O seu pene chega a 4 metros de longo e a 1 metro de diámetro.

Remove ads

Ecoloxía

As baleas azuis pasan uns oito meses do ano en augas do antártico, onde encontran abundancia de krill e durante os meses do inverno migran para augas máis cálidas onde dan a luz as súas crías.

Poden vivir até os 90 anos en boas condicións. Porén, debido á caza, a media de idade é de 25 anos.

Segundo algúns estudos, os cantos dunha balea azul poderían ser escoitados e entendidos por outros individuos a unha distancia de 4 000 km; porén, o aumento do ruído no mar provocado polas actividades humanas e os seus motores entorpecen esta capacidade.

A súa taxa de natalidade é moi baixa, xa que lles leva sobre uns 10 anos desenvolverse até a madurez e só teñen unha cría nun período de entre 2 a 5 anos.

Alimentación

Artigo principal: Barbas de balea.

Aliméntase fundamentalmente de krill, un pequeno organismo planctónico semellante aos camaróns, outros pequenos crustáceos e algúns diminutos peixes. Para isto, posúen varios centos de placas córneas, as barbas ou baleas, a través das cales filtran a auga do mar e obteñen o seu alimento que queda atrapado entre estas barbas.[7]

Perigo de extinción

Na actualidade os expertos calculan que só quedan uns 1 000 exemplares. A especie estívose cazando case até a extinción para obter aceite (fundindo a súa graxa), a carne e os ósos.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads