Bandeira de Burkina Faso

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bandeira de Burkina Faso
Remove ads

A bandeira de Burkina Faso está formada por dúas franxas horizontais de igual ancho, de cor vermella a superior e verde a inferior, cunha estrela amarela de cinco puntas no centro da bandeira. As cores son as do pan-africanismo (que se basean nos da bandeira de Etiopía), aínda que tamén representan a revolución socialista (o vermello) e a fecundidade da terra de Burkina Faso (o verde), mentres que a estrela amarela representa a luminosa guía da revolución.

Datos rápidos Características, Uso ...

Esta bandeira foi adoptada o 4 de agosto de 1984 e deseñada polo daquela presidente Thomas Sankara.

Remove ads

Bandeiras históricas

Thumb
Bandeira de Alto Volta (1960-1984)

O actual territorio de Burkina Faso independizouse de Francia o 1 de agosto de 1960 baixo o nome de Alto Volta. A bandeira deste estado era unha tricolor formada por tres franxas horizontais. As cores negro, branco e vermello representaban os tres principais brazos do río Volta que cruzaban o país (o Volta Negro, o Volta Branco e o Volta Vermello).

A bandeira foi abolida cando se adoptou o nome de Burkina Faso.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads