Bandeira de Islandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A bandeira de Islandia (en islandés: Íslenski fáninn) componse dun fondo de cor azul escuro cunha cruz (escandinava) vermella con bordos brancos. Posúe unhas dimensións de 18:25. É emblema do país nórdico dende a súa independencia o 17 de xuño de 1944.
Remove ads
Deseño
A bandeira de Islandia segue o deseño das bandeiras dinamarquesa, sueca e norueguesa nas que tamén aparece a cruz con montante desprazado cara ao bordo máis próximo ao mastro (cruz escandinava). A bandeira islandesa é en especial idéntica á bandeira norueguesa que contén as mesmas cores pero invertidas. Recentemente o goberno de Islandia considerou a emisión de especificacións de cor nos coñecidos sistemas Pantone e CMYK. Porén, non foi feita ningunha acción oficial, polo que son solo propostas non oficiais.
Remove ads
Historia
Einar Benediktsson deseñou unha bandeira de cor azul na que aparecía unha cruz branca, denominada Hvítbláinn ("azul branco") que foi empregada por primeira vez en 1897. En 1912 o goberno dinamarqués prohibiu o uso da primeira versión da bandeira islandesa durante a celebración dos xogos olímpicos en Estocolmo.
A versión actual da bandeira remóntase a 1915, cando as autoridades dinamarquesas obrigaron a que se incorporase unha cruz de cor vermella no deseño orixinal de Einar Benediktsson para que puidese ser izada, aínda que se prohibiu o seu uso máis aló das augas xurisdicionais islandesas. O 1 de decembro de 1918 o goberno dinamarqués permitiu o uso no mar da bandeira islandesa.
Remove ads
Bandeiras islandesas
- Bandeira de uso estatal. Ratio 37:18.
- Bandeira do Servizo Aduaneiro. Ratio 37:18
- Estandarte presidencial. Ratio 37:18.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Islandia en Flags of the World (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads