Bandeira do Perú

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bandeira do Perú
Remove ads

A bandeira do Perú consta de tres franxas verticais de igual anchura, sendo as bandas extremas de cor vermella e a central de cor branca.[1] Ten tres versións diferentes para usos distintos, cada cal cunha denominación oficial; o Estado peruano usa as variantes coñecidas como o Pavillón Nacional e a Bandeira de Guerra, que inclúen o escudo nacional con acompañantes distintos.

Datos rápidos Características, Uso ...

Antes do 28 de xullo de 1821, día da declaración da Independencia do Perú, as tropas peruanas independentistas usaron bandeiras para diferenciarse doutras forzas militares. Estas bandeiras foron usadas por Guillermo Miller e Francisco Antonio de Zela en Tacna.

O 7 de xuño celébrase o día da bandeira, co gallo do aniversario da Batalla de Arica e o 28 de agosto a Procesión da Bandeira na cidade de Tacna.

Remove ads

Variantes

Outras bandeiras

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads