Banxo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O banjo[1] ou banxo[2][3] é un instrumento musical de corda, de orixe africana, que ten de catro a seis cordas afinadas de formas diversas, aínda que o máis común ten cinco, unha delas máis curta. O banjo está afinado da seguinte maneira: Sol-Do-Sol-Si-Re. A versión de seis cordas afínase e tócase de forma semellante a unha guitarra. O corpo do banjo moderno é de metal, cunha membrana plástica onde se seguran as cordas e cun mastro similar ao dunha guitarra.

Thumb
Banjo.

As primeiras formas do instrumento xurdiron dentro da poboación africana dos Estados Unidos de América, como adaptacións de instrumentos africanos de deseño semellante.[4][5] O banjo adoita asociarse co country, folk, coa música irlandesa e co bluegrass, aínda que tamén se pode escoitar en moitos outros xéneros musicais. Os banjos acústicos modernos máis comúns son o banjo con resoador e o banjo aberto.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads