Batólito

From Wikipedia, the free encyclopedia

Batólito
Remove ads

Un batólito (do grego, bathos e lithos que significan profundo e pedra, respectivamente) é unha masa extensa de granitoides[1] que se estende por centos de quilómetros[2] e cobre máis de 100 quilómetros cadrados[3][4] na codia terrestre. Os batólitos están compostos por múltiples plutóns individuais os cales poden solaparse ou intersecarse.[1][2] Os grandes volumes dos batólitos débense a unha cuantiosa e repetida produción de magma durante períodos de oroxénese.[2]

Thumb
Mapa do Batólito cornubiano de Cornualla (Reino Unido). Aprécianse os principais afloramentos de granito. Os trazos descontinuos de 20 mGal de anomalía de Bouguer indican a situación das anomalias de gravidade negativas asociadas a intrusións ígneas na codia continental.
Thumb
O Half Dome (Media Cúpula) no Parque Nacional Yosemite forma parte do Batólito de Nevada.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads