Baluchistán (rexión)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Baluchistán[1] é unha rexión de Asia, repartida entre tres países: o oeste de Baluchistán pertence a Irán (provincia de Sistán e Baluchistán); o norte pertence a Afganistán; e a parte leste, á provincia paquistaní de Baluchistán.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baluchistán.

Remove ads
Situación xeográfica
No nordeste da rexión elévanse os montes Sulayman, que marcan os límites entre o Baluchistán e o Panxab, en Paquistán. Esta cadea montañosa en forma de arco culmina no pico de Kalifat, de 3487 m de altura, ó leste de Quetta. Estas montañas ábrense cara a chaira de Kacchi a través do porto de Bolan, paso histórico dos comerciantes que facían o traxecto entre Oriente Medio e o subcontinente indio. Na zona descubríronse numerosos xacementos arqueolóxicos antigos (Cultura do val do Indo).
Ao sueste, a cadea montañosa de Khirtar esténdese ata o deserto de Makrán que ocupa a zona costeira do Golfo de Omán. Para rematar, cara ao leste o territorio acaba na fronteira de Karachi, que foi a primeira capital de Paquistán, co chamado "cemiterio de barcos".
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads