Ben Kenney

músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Ben Kenney
Remove ads

Benjamin Lee Kenney, Sr., nado o 12 de marzo de 1977, é un músico estadounidense procedente de Brielle, Nova Jersey, coñecido por ser o baixista da banda de rock alternativo Incubus.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Ben Kenney tocou a guitarra no grupo de hip hop The Roots antes de unirse a Incubus no 2003, tras a saída do anterior baixista e fundador Alex Katunich. Anteriormente xa tocara cos membros de Incubus Mike Einziger e Jose Pasillas en Time Lapse Consortium.

Ben é coñecido por tocar alo menos seis instrumentos diferentes, e ás veces realiza duetos de batería con Jose Pasillas nos concertos de Incubus.

Tamén ten realizado traballos de estudio con outros artistas como Justin Timberlake, Faith Evans, Erykah Badu, Blackalicious, e cos produtores Timbaland e DJ Jazzy Jeff.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads