Beriberi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Beriberi
Remove ads

Beriberi é unha enfermidade producida por carencia de vitamina B1 (tiamina), presenta dous cadros clínicos distintos: un en nenos recentemente nacidos de nais con deficiencia en vitamina B1 e outro en adultos.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Aparición

En nenos de sete anos aparece unha forma aguda con abdome brando e distendido, vómitos, cólico, insuficiencia cardíaca e convulsións.

En adultos hai dous tipos, o "seco", nervioso ou paralítico caracterizado por unha polineuropatía crónica, invalidante en maior ou menor medida e que pode estar ligada a trastornos no sistema nervioso central (encefalopatía de Wernicke-Korsakoff), e o tipo "húmido", caracterizado pola aparición de edemas progresivos causados por unha insuficiencia cardíaca de alto gasto, na que se observan poucas alteracións do ECG, adoita asociarse con outros déficits de vitaminas.

O beriberi foi, até o século XX, unha enfermidade endémica en moitas poboacións de Asia Oriental cuxa dieta -en gran medida motivada pola pobreza- restrinxíase a un elevado consumo de arroz, máxime se este arroz non é integral (é dicir, se carecía da súa cascarilla).

Thumb
Traslado de doente con beriberi en Xava a mediados do século XX.
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads