Berke

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Berke Khan, finado en 1266, foi un líder mongol da dinastía de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan, gobernador do subkhanato da Horda de Ouro e o primeiro príncipe mongol en converterse ao islam e declarar unha guerra aberta contra outra dinastía mongol.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Baixo as ordes do seu irmán, Batu Khan, participou na invasión mongol de Europa, arrasando Rusia, Polonia e Hungría e sometendo aos búlgaros do Volga e os Kipchak. Cando Güyük foi elixido Gran Khan contra a vontade de Batu, os exércitos de Berke tiveron que vixiar a banda Leste dos dominios do seu irmán.

Un derviche chamado Saif ud-Din que ía nunha caravana cara Bukhara, foi interrogado por Berke verbo da súa fe e converteuno nun convencido musulmán. O propio Berke convertería ao seu irmán Turkh-timur

Xunto con Sartaq en 1251, e por encargo de Batu, encabezou o exército que protexeu a Mongke no seu traslado ao centro do Imperio para ser proclamado Gran Khan polo kurultai. O poderío e prestixio das súas tropas e as de Sartaq desprazaron á dinastía de Ögödei e Chagatai do poder mongol. Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de Ulaghchi, gobernou con eficacia a Horda de Ouro. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por Daniel de Galitzia en 1259 e saqueou Polonia, Lituania, Bulgaria e a Tracia bizantina.

Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra o seu parente Hulagu Khan. Berke convertérase ao islam e xurara vingarse do saqueo de Bagdad e da morte do Califa na campaña altamente destrutiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu volveu do kurultai que elixiu a Khublai Khan como Gran Khan, dirixiuse cara ao Cáucaso. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek (1262). O conflito continuaría co fillo de Hulagu Abaqa.

O mundo estaba por primeira vez diante dunha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Xenxis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara ao centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no Mediterráneo por parte do Ilkhanato de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongol e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads