Biblioteca da Universidade da Coruña

unidade funcional de xestión de recursos da Universidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Biblioteca da Universidade da Coruña é un servizo pertencente á Universidade da Coruña (UDC). Trátase dunha unidade funcional de xestión de recursos de información que dá soporte ao estudo, á docencia e á investigación[1], mediante a adquisición, a organización e o procesamento dos fondos bibliográficos e documentais[2]

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Estrutura

Estrutúrase como un sistema bibliotecario único [3], descentralizado en bibliotecas de centros e coordinado a través do Servizo de Biblioteca. Está formado por 17 puntos de servizo entre os campus de Serantes e o da Coruña[4]:

Campus de Ferrol

Campus da Coruña

  • Biblioteca Central (Servizo de Biblioteca)
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde (Cc. da Saúde e Fisioterapia)
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Remove ads

Colección

A colección da biblioteca está formada por máis de 850.000 libros, 89.000 libros electrónicos e 49.600 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD etc. Conta tamén con máis de 9.200 revistas en papel e 24.500 en formato dixital, ademais de dar acceso a aproximadamente 60 bases de datos que abarcan tódalas disciplinas científicas.

Entre os seus fondos destaca a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada ao escritor e reputado investigador teatral galego Francisco Pillado Mayor. Trátase dun fondo bibliográfico especializado en teatro, constituído tanto polos libros e revistas doadas por Francisco Pillado como por outros comprados pola UDC, e que se atopa na Biblioteca da Facultade de Filoloxía. Todo o fondo da Biblioteca-Arquivo pódese consultar vía web no catálogo da biblioteca; ademais, no Repositorio da Universidade (RUC), dentro do seu apartado "Coleccións especiais"[5] está accesible a imaxe dixitalizada da totalidade da colección de carteis e fotografías.

Remove ads

Servizos

Os principais servizos que ofrece a biblioteca son: Información xeral, préstamos de libros e documentos así como lectores de libros electrónicos e de ordenadores portátiles, cursos de iniciación e formación para o alumnado e servizos varios en liña.

A biblioteca ten presenza nas redes sociais (Facebook, Twitter, Pinterest, Scoop, Google+, Youtube, Flickr ou Instagram).

Referencias

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads