Fento fero
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O fento fero[1] ou formalmente blechno (Blechnum spicant) é unha especie de fento da familia Blechnaceae. Existen dúas variedades deste fento en Galiza. Blechnum spicant subsp. spicant, que é a máis estendida e de frondes estériles e fértiles moi diferenciados; e a Blechnum spicant subsp. homophyllum , cuxos frondes estériles e fértiles son máis semellantes e dun tamaño menor a 20 cm. Esta última variedade esténdese dende as serra do Xurés e o Baixo Miño até o Eume.
Remove ads
Descrición
Os fentos presentan alternancia de xeracións, isto quere dicir que no mesmo ciclo de vida pasan por dúas formas, a que produce esporas, chamadas esporófitos, e as que producen gametos, chamadas gametófitos. A xeración que vemos nesta especie é a do esporófito, pois o gametófito é moi miúdo. O esporófito está composto dunha fronde formada por un pecíolo e unha lámina. A lámina pode estar unha ou varias veces dividida. Cada división chámase pinna e as divisións das pinnas chámanse pínnulas.
Fento perenne rizomatoso, con rizoma oblicuo ou erecto cuberto de escamas. Frondes de 15–50 cm persistentes formando fascículos, coma xa dixemos, de dous tipos, fértiles e estériles, con pecíolo moito máis curto ca o limbo unha vez pinnadamente dividido (pinnatífido); os estériles (trofófilos) con divisións (pinnas) oblongas ou linear-oblongas, subagudas; as fértiles (esporófilos) con pinnas máis estreitas, lineares. Esporanxios reunidos en grupos (soros), dispostos en liña a ambos os dous lados do nervio principal das pinnas das frondes fértiles, cubrindo practicamente todo o envés das mesmas, producindo un só tipo de esporas (isospóreos) cubertos dunha membrana linear (indusio) ben desenvolvida.[2]
Remove ads
Distribución e hábitat
Eurosiberiano. Bosques de ribeira húmidos e sombrizos. Noiros e cavorcos lamacentos máis ou menos umbros. Bota as esporas dende a primavera até fins do verán. É moi común nos regueiros e ríos en toda Galiza, en zonas húmidas até os 2.000 m. No verán é moi común.
Taxonomía
Blechnum spicant foi descrita por (Carl von Linné) Sm. e publicado en Mémoires de l'Academie Royale des Sciences 5: 411. 1793.[3]
Outros nomes galegos
Felgo fero, fento pente, fenta (cómpre non confundir coa especie Athyrium filix-femina).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads