Bobby Morrow

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bobby Morrow
Remove ads

Bobby Joe Morrow, nado en Harligen (Texas) o 15 de outubro de 1935 e finado en San Benito o 30 de maio de 2020,[1] foi un velocista estadounidense que gañou tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956. Foi chamado o "velocista dominante da década de 1950" e "o velocista máis relaxado de todos os tempos, mesmo máis có seu heroe Jesse Owens".[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Bobby Morrow naceu en Harlingen, Texas,[3] e creceu nunha granxa de San Benito, Texas. Antes de converterse en velocista, Morrow xogou ao fútbol americano no San Benito High School. Morrow tamén foi velocista na Universidade Cristiá de Abilene e membro do club masculino Frater Sodalis.

Morrow gañou o título das cen iardas da AAU en 1955. A súa tempada de máis éxito foi en 1956, cando foi escollido por Sports Illustrated como "Deportista do Ano". Morrow gañou o dobre sprint nos campionatos nacionais universitarios e defendeu o seu título da AAU. Participou entón nos Xogos Olímpicos de Melbourne, onde gañou tres medallas de ouro e foi o líder do equipo estadounidense de velocidade. Primeiro venceu nos 100 metros lisos e logo nos 200 metros, igualando o récord mundial da distancia con 20.6 segundos. Gañou o terceiro ouro co equipo de remudas 4×100, que tamén estableceu un récord do mundo.[3][4]

Morrow acadou gran sona tras gañar as tres medallas e apareceu nas portadas das revistas Life e SPORT, ademais de Sports Illustrated. Apareceu en The Ed Sullivan Show e Arthur Godfrey and His Friends, e presidiu unha sesión conxunta da lexislatura de Texas.[5]

O éxito de Morrow a nivel nacional continuou despois dos Xogos, mais retirouse en 1958 para converterse en granxeiro e ebanista. Fixo unha breve volta antes dos Xogos Olímpicos de 1960, mais non foi quen de clasificarse para o equipo olímpico.

Remove ads

Legado

En outubro de 2006, o San Benito High School nomeou a súa nova instalación deportiva de 11 000 asentos como Bobby Morrow Stadium.[6] Foi incluído no National Track and Field Hall of Fame en 1989[7] e no Texas Track and Field Coaches Hall of Fame en 2016.[8]

Vida persoal

Morrow casou con Jo Ann Strickland, que coñeceu no instituto,[9] no que describiu coma un "matrimonio de conto de fadas".[10] Instaláronse en Odessa e despois en Houston, onde recomezou a carreira na banca que deixara de lado para adestrar para os Xogos Olímpicos de 1960. Divorciáronse arredor de 1968.[10] Posteriormente mudouse a Ohio, onde coñeceu e casou con Judy.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads