Bogdan Bogdanović

baloncestista serbio From Wikipedia, the free encyclopedia

Bogdan Bogdanović
Remove ads

Bogdan Bogdanović, nado o 18 de agosto de 1992 en Belgrado, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria profesional

O 26 de xuño de 2014, durante a súa etapa no Partizan, Bogdanović foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns.[1] O 23 de xuño de 2016, na noite do Draft de 2016, os Sacramento Kings adquiriron os seus dereitos xunto con Georgios Papagiannis, Skal Labissière e unha futura elección da segunda rolda do Draft a cambio de Marquese Chriss.[2]

O 13 de xullo de 2017, Bogdanović asinou cos Sacramento Kings.[3] Fixo o seu debut na NBA o 23 de outubro de 2017 contra o equipo que o elixiu no Draft, os Phoenix Suns. Bogdanović fixo 12 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias en 25 minutos de xogo na derrota dos Kings por 117–115.[4]

O 24 de novembro de 2020, Bogdanović asinou cos Atlanta Hawks.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads