Brian Boshier

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Brian Stanley Boshier, nado en Leicester o 6 de marzo de 1932 e finado en Masham o 2 de setembro de 2009, foi un xogador de crícket de first-class cricket para o Leicestershire County Cricket Club entre 1953 e 1964.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Boshier, un lanzador rápido destro, do estilo seamer, participou en 170 partidos como xogador de primeira clase tomando 510 wickets cunha media de 23 carreiras por wicket. Tomou 5 wickets nun inning 23 veces, conseguindo as súas mellores marcas en 1957 contra o Essex County Cricket Club. Tomou 108 wickets en 1958, ano no que recibiu a súa gorra de recoñecemento (county cap), e o mesmo número, 108, en 1961 cando a súa media o levou a acabar segundo na liga nacional inglesa. Boshier, un lanzador cunha orde de bateo baixa, realizou 579 carreiras, cunha media de 4.32. Participou ademais en dous torneos dun día, incluída a primeira Copa Gillette en 1963.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads