Burton Richter

físico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Burton Richter
Remove ads

Burton Richter, nado en Nova York o 22 de marzo de 1931, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Remove ads

Traxectoria

Estudou física no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se licenciou o ano 1952 e se doutorou en 1956.

Investigacións científicas

Profesor da Universidade Stanford, Richter construíu un acelerador de partículas denominado Stanford Positron-Electron Asymmetric Ring (SPEAR) coa axuda de David Ritson e o apoio da Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos. Co uso do acelerador descubriu unha nova partícula subatómica que denominou psi, e que actualmente se denomina partícula J/ψ ou partícula J.

O mesmo descubrimento foi realizado independentemente por Samuel Chao Chung Ting e os dous científicos foron galardoados conxuntamente no ano 1976 co Premio Nobel de Física polo seu traballo.

Entre 1984 e 1999 foi director do Stanford Linear Accelerator Center (SLAC).

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

DEFAULTSORT:Richter, Burton}}

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads