Butrint

antiga cidade do sur de Albania From Wikipedia, the free encyclopedia

Butrint
Remove ads

Butrint (en grego: Βουθρωτόν e Βουθρωτός[1], en latín: Buthrōtum, en albanés: Butrint) foi unha antiga polis grega e posteriormente unha cidade romana e a sé dun bispado cristián primitivo en Epiro. Orixinalmente, era o asentamento da tribo grega dos caonios,[2][3][4] posteriormente formou parte do estado de Epiro e despois foi unha colonia e bispado romanos. Entrou en declive na Antigüidade tardía, antes de ser abandonada durante a Idade Media despois de que un gran terremoto inundase a maior parte da cidade. No presente é un importante sitio arqueolóxico do condado de Vlorë, en Albania, a uns 14 quilómetros ao sur de Sarandë e preto da fronteira con Grecia. Está situado nun outeiro con vistas á canle de Vivari e forma parte do Parque Nacional de Butrint. Hoxe Bouthrotum é unha sé titular católica latina e tamén conta co castelo de Ali Pasha.

Datos rápidos Tipo, Localizado na área protexida ...

A cidade é considerada un dos máis importantes sitios arqueolóxicos de Albania. Debido ao seu enorme valor cultural, histórico e natural cunha historia considerable, Butrint foi declarado Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1992 e ademais é un parque nacional dende 2000.[5][6]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads