Cádiz (zarzuela)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cádiz (zarzuela)
Remove ads

Cádiz é unha zarzuela (denominada episodio nacional cómico-lírico-dramático) en 2 actos e 9 cadros con música de Federico Chueca e Joaquín Valverde sobre un libreto en castelán de Javier de Burgos. Foi estreada no Teatro Apolo de Madrid o 20 de novembro de 1886 e reflicte o ambiente da cidade en 1812, cando o pobo se defendeu do asedio dos exércitos de Napoleón e as Cortes redactaron a primeira Constitución Española.

Datos rápidos Forma, Actos e escenas ...
Remove ads

Historia

Cádiz foi estreada o 20 de novembro de 1886 no Teatro Apolo. Esta obra constitúe un modelo de zarzuela popular, pintura brillante e expresiva dun momento culminante da historia de España, entresacado dun dos Episodios Nacionais de Benito Pérez Galdós. “Chispero” describe a estrea dicindo que “o éxito foi clamoroso. O libro gustou moito e a música moito máis. O desfile final do primeiro acto coa marcha, que logo foi histórica nos anais españois, puxo ao público en pé, os aplausos cos que se premiou a saída do liberador de Cádiz enardeceu a todos os espectadores, moitos dos cales, segundo algúns cronistas, enronqueceron vitoreando a España, totalmente alleos ao feito de estar asistindo a unha evocación teatral, e como si verdadeiramente tiveran formado parte do pobo de Cádiz que aclamaban aos seus heroes. Todo o acto segundo transcorreu entre ovacións poucas veces superadas no teatro, e os autores foron aclamados durante a representación e ao final dela”. Curiosamente a famosa marcha non fora composta para esta zarzuela, senón que o fora 20 anos antes co nome de “Himno de Prim”, e que logo foi incluída nesta obra.

Deleito y Peña comentou que a “marcha” de Cádiz pasou a todos os rexementos españois e aos pianos de todos os cafés. En 1898, cando a guerra contra os Estados Unidos exaltou a febre españolista, tratouse de converter esa peza no himno español, e polo resultado militarmente adverso, esta marcha pareceu despois un responso fúnebre e foi maldita como exaltadora da tola aventura.

Remove ads

Personaxes

Máis información Personaxe, Tesitura ...
Remove ads

Características

A obra é unha das máis espontaneamente inspiradas de Chueca e os seus números pasaron rapidamente ao dominio público. Na súa música, sendo tan caracteristicamente chuequista, non se dá o ton "chulángano" que cultivou, senón que se adapta ao ambiente andaluz con moita propiedade, como nas sevillanas e caleseras que cantan Curra e El Rubio.

Argumento

A obra comeza cun coro de gaditanos desconcertados ante os preparativos para defender a cidade do ataque do exército francés. Lorenzo e o Rubio, un frade e un "currutaco", de diferente condición social, discuten sobre as posibilidades de éxito. Por outra banda, Carmencita, unha rapaza casadeira namorada dun capitán, sofre os asedios da súa aia Angustias e o seu titor Cleto, que tenta sacarlle da cabeza as ideas de voda co capitán para seducila el mesmo. Na escena seguinte, o Marqués comunica a Cleto que todo o povo está colaborando na construción de fortificacións para protexer a cidade e que arrasará a casa de verán que posúe nas aforas, o que induce ao titor a idear unha fuxida con Carmencita para librarse dos que cre perdedores na batalla. A continuación, a escena presenta un lance de amor entre Curra e o Rubio chea de graza. O titor saíu de Cádiz nunha calesa para organizar a súa fuxida e por iso Carmen vese obrigada a pedir cobixo na casa do Marqués; Lorenzo, sobriño deste, rógalle que non marche. Mentres, o Rubio, condutor da calesa, faina envorcar sospeitando o que tramaba Cleto. Anuncian a chegada de soldados de reforzo e con iso a de Fernando, prometido de Carmen; hai un alboroto popular que se completa coa detención do titor.

O segundo acto comeza cunha festa popular que celebra as dificultades dos franceses para achegarse á cidade, á que asisten as forzas inglesas de apoio, a quen os andaluces cantan o número dos lores. Cleto segue tramando a fuxida mentres Lorenzo e Fernando falan das súas accións de guerra. A desaparición de Carmen e Cleto mobiliza a todos para tentar localizalos. Dáse paso a un cadro titulado “La Constitución” onde o povo canta diversos aires en honor de “la Pepa”, entre eles o famoso tango da negra. Pechado con Carmen, Cleto tenta que esta colabore nos seus plans afirmando que a sorte da cidade está botada, mais aparecen Lorenzo e Fernando gardando ben ao titor. Nos breves cadros oitavo e noveno, o pobo celebra a súa vitoria fronte ao invasor.

Remove ads

Números musicais

Acto I

  • 1 Preludio, introdución e diana, “¡Vaya una jarana!”.
  • 2 Dúo, sevillanas e caleseras, “¡Ven para aquí, retesalá!”.
  • 3 Pasacalle, “El barrio de la Viña”.
  • 4 Barcarola. “El que sea patriota”.
  • 5 Marcha de Cádiz (Pasodobre) “Los cornetas nos anuncian”.

Acto II

  • 6 Preludio e tango flamenco, “Enfrente e la Cortaúra”.
  • 7 Panadeiros e zapateado, “Cuando en Cádiz sale el sol”.
  • 8 Polka dos ingleses e damiselas, “Miss lord, miss lord, me paece a mí”.
  • 9 Coro e danza dos negritos, “A reír y cantar gaditanos……Era una pobe nega”.
  • 10 Canción do cego “Tin, tipi, tipi, tipité…..¿Quién compra un papelito”.
  • 11 Marcha da Constitución.
  • 12 Orquestral: A treboada.
  • 13 Orquestral.
  • 14 Jota “Ya habrán visto los franceses”.
Remove ads

Discografía

Máis información Ano, Intérpretes ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads