Célula xigante de Langhans

From Wikipedia, the free encyclopedia

Célula xigante de Langhans
Remove ads

As células xigantes de Langhans (tamén chamadas células de Pirogov-Langhans [1]) son células grandes que se encontran en enfermidades que producen granulomas (nódulos con macrófagos e microbios, que se forman en tecidos inflamados).

Thumb
Tecido de granulación cun granuloma pouco desenvolvido na parte central esquerda. Nesa área hai unha célula mutinucleada xigante do tipo de Langhans. O paciente curárase dunha infección micobacteriana na pel (infección por M. ulcerans.

Orixínanse pola fusión de células epitelioides (macrófagos), e conteñen moitos núcleos dispostos formando un patrón de ferradura de cabalo na periferia da célula.[2]

Aínda que tradicionalmente a súa presenza estaba asociada coa tuberculose, non son específicas desta doenza nin de infeccións por micobacterias, xa que poden atoparse en case calquera forma de enfermidade granulomatosa, independentemente da súa etioloxía.

No caso da tuberculose parece que todas as especies de micobacterias inducen a formación de granulomas, pero só as da especie Mycobacterium tuberculosis desencadean a fusión dos macrófagos en células xigantes multinucleadas de Langhans, que non poden fagocitar á bacteria, por iso esta persiste moito tempo nos granulomas.[3]

Remove ads

Terminoloxía

As células xigantes de Langhans recibiron ese nome polo seu descubridor, o patólogo alemán Theodor Langhans (1839–1915).[4]

Non deben confundirse coas células de Langerhans, de nome parecido.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads