Código QR

tipo de código de barras bidimensional From Wikipedia, the free encyclopedia

Código QR
Remove ads

O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.
Remove ads

Normas

Thumb
Selo do servizo postal alemán cun código QR.

O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR ​​2005 simboloxía especificacións.

O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.

Remove ads

Lectura

Máis información Capacidade de datos do código QR, Capacidade de corrección de erros ...
Remove ads

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads