C/NOFS

From Wikipedia, the free encyclopedia

C/NOFS
Remove ads

C/NOFS, acrónimo de Communications/Navigation Outage Forecasting System, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 16 de abril de 2008 a bordo dun foguete Pegasus XL desde o Kwajalein.[2][3][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

A misión de C/NOFS foi monitorizar e facer predicións de ata catro horas sobre o escintileo ionosférico en tempo real e a escala mundial. O satélite levaba seis instrumentos a bordo:[2][3][5]

  • Sonda Langmuir Planar (Planar Langmuir Probe, PLP): medía a densidade de Plasma.
  • Instrumento de Vector de Campo Eléctrico (Vector Electric Field Instrument, VEFI): medía os vectores do campo eléctrico e magnético.
  • Medidor de Velocidade de Ións (Ion Velocity Meter, IVM): medía as velocidades do plasma e a temperatura dos ións.
  • Medidor de Vento Neutro (Neutral Wind Meter, NWM): medía os ventos neutros.
  • Receptor de Ocultación do C/NOFS para Medición e Especificación Ionosférica (C/NOFS Occultation Receiver for Ionospheric Sensing and Specification, CORISS): medición remota do perfil vertical da densidade de electróns.
  • Tomografía Coherente Radioelectromagnética (Coherent Electromagnetic Radio Tomography, CERTO): medía os parámetros de escintileo ionosférico.

Os instrumentos NWM, IVM e CINDI foron proporcionados pola NASA.[2][3][5]

C/NOFS reentrou na atmosfera terrestre o 28 de novembro de 2015.[2][3][5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads