Molécula de adhesión celular 1

From Wikipedia, the free encyclopedia

Molécula de adhesión celular 1
Remove ads

A molécula de adhesión celular 1 é unha proteína que nos hbumanos está codificada no xene CADM1 do cromosoma 11, tamén chamada SYNCAM, IGSF4 ou Nect-2, entre outros nomes.[1][2]

Datos rápidos CADM1, Estruturas dispoñibles ...
Remove ads

Organismos modelo

Máis información Características, Fenotipo ...

Utilizáronse organismos modelo no estudo da función da CADM1. Xerouse a liña de rato knockout condicional chamada Cadm1tm1.2Brd.[6][7] Os machos e femias foron sometidos a un cribado fenotípico estandarizado para determinar os efectos das delecións.[5][8] Realizáronse 26 tests en ratos homocigotos mutantes e observouse unha anormalidade significativa: os machos eran estériles.[5] Outros análises mostraron que cesara a espermatoxénese en ditos ratos.[7]

Remove ads

Interaccións

A molécula de adhesión celular 1 presenta interaccións con EPB41L3.[9]

Estudos de asociación

Estudos de asociación en todo o xenoma (GWAS polas súas siglas en inglés) identificaron unha asociación entre o índice de masa corporal e dous loci situados preto dos xenes CADM1 e CADM2.[10] Os resultados experimentais doutro estudo mostraron que os ratos obesos presentaban sobreexpresión dos xenes CADM1 e CADM2 e que a perda de CADM1 protexía os ratos da obesidade promovendo un balance de enerxía negativo e unha perda de peso.[11] Ademais, un estudo de asociación en todo o xenoma de 2017 revelou unha asociación entre a anorexia nerviosa e o xene CADM1.[12] No cerebro estes xenes son mediadores na ensamblaxe sináptica, e as mutacións en CADM1 están tamén asociadas co trastorno do espectro autista. [13]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads