CASA C-202 Halcón

From Wikipedia, the free encyclopedia

CASA C-202 Halcón
Remove ads

O CASA C-202 Halcón foi un avión de transporte bimotor construído por CASA. Foi deseñado para ser usado nas rutas aéreas internacionais de España. Tiña un tren de aterraxe en triciclo e unha cabina con calefacción e aire acondicionado que podía acomodar a catorce pasaxeiros. Inicialmente pedíronse 20 unidades, pero so 10 foron entregadas ao Exército do Aire de España coa designación T.6.

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
Remove ads

Historia

Despois da segunda guerra mundial a industria aeronáutica española limitábase ao desenvolvemento de avións estranxeiros baixo licenza, polo que o Ministerio do Aire fomentou a creación de proxectos nacionais.

A empresa Construcciones Aeronáuticas S.A. (CASA) iniciou o desenvolvemento de tres modelos de avións de transporte lixeiro con dous motores e un con catro motores, con distintas dimensións e capacidades, saíndo finalmente adiante os bimotores C-201 Alcotán, C-202 Halcón e C-207 Azor. O Ministerio do Aire e CASA asinaron un contrato en novembro de 1948 para desenvolver dous prototipos do Halcón que debían ter capacidade para transportar 14 pasaxeiros e 3 tripulantes nunha cabina climatizada.

O primeiro dos prototipos do C-202 Halcón realizou o seu voo de estrea o 15 de maio de 1952, máis tarde do previsto debido a que a sociedade ENMASA non puido proporcionar os motores Elizalde 9C-29-750-Beta-4, polo que se tiveron que pedir motores á compañía aérea Iberia. En outubro do ano seguinte o goberno español encargou 20 unidades de serie.[1] A liña de produción debería estar en Xetafe mentres que as ás se construirían en Sevilla.

Os motores que ían ser subministrados por ENMASA non achegaban a potencia necesaria, e debido á dificultade para mercar un substituto polo illamento ao que estaba sometido España, ademais de pola falta de divisas do país, no ano 1962 decidiuse cancelar o proxecto, compensando o goberno español a CASA pola cancelación.

Dos 20 avións pedidos polo Exército do Aire español só se entregaron 10, os cales prestaron servizo durante algúns anos[2]​ ata que foron substituídos polos CASA C-207 Azor, que tamén substituíron a algúns dos CASA 352L (Junkers Ju 52 fabricados baixo licenza por CASA).

Remove ads

Variantes

  • C-202: con capacidade para 3 tripulantes e 14 pasaxeiros e con motores Elizalde 9C-29-750-Beta-4.4​.
  • C-202B: con capacidade para 2 tripulantes e 8 pasaxeiros e con motores Wright Cyclone R-1820-56.4​.

Especificacións

Características xerais

  • Tripulación: 3
  • Capacidade: 14 pasaxeiros
  • Lonxitude: 16 m
  • Envergadura: 21,55 m
  • Altura: 3,80 m
  • Superficie alar: 57,35 m²
  • Peso baleiro: 5 270 kg
  • Peso máximo na engalaxe: 7 750 kg
  • Planta motriz: 2× Elizalde 9C-29-750.
    • Potencia: 775 cabalos cada un.
  • Hélices: 1× tripá por motor.

Rendemento

  • Velocidade máxima operativa (Vno): 345 km/h
  • Velocidade de cruceiro (Vc): 300 km/h
  • Teito de voo: 7 750 m

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads