Club Deportivo Numancia de Soria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Club Deportivo Numancia de Soria, S.A.D. é un club de fútbol español, da cidade de Soria. Foi fundado en 1945 e compite na Segunda División B.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Numancia.
Remove ads
Historia
A volta a Primeira División
A tempada 2007/08, tras dominar a Liga Adelante con autoridade, ascende matematicamente a primeira división a falta de catro xornadas para o final do campionato tras empatar en casa fronte ao Deportivo Alavés, logrando así o seu terceiro ascenso a Primeira división. O equipo soriano proclamouse campión de liga a falta de 2 xornadas para o final tras empatar en Los Pajaritos fronte ao Club Deportivo Castellón.[1]
Na tempada 2008/09, tras unha irregular tempada, descende matematicamente a Segunda, fronte ó Getafe (1-0) a falta dunha xornada para o remate.
Remove ads
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón vermello e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
Estadio
- Artigo principal: Nuevo Estadio Los Pajaritos.
O Numancia xoga os seus partidos como local no Nuevo Estadio Los Pajaritos, antigo estadio de "Los Pajaritos", fundado en 1999 e inaugurado polo Real Zaragoza nun encontro amigable, que se saldou con vitoria para os aragoneses por 1 gol a 3. Posúe unha capacidade para 9.500 persoas, todas elas sentadas. Dimensións 103x70. Recentemente no partido no que conseguiu o seu terceiro ascenso a capacidade foi aumentada a 10.200 localidades.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 4
- Tempadas en 2ª: 21
- Tempadas en 2ªB: 9 (incluída a 2020/21)
- Tempadas en 3ª: 33
- Mellor posto na liga: 17º (Primeira División Española tempada 99-00)
- Peor posto na liga: 20º (Primeira División Española tempada 00-01)
Xogadores
Cadro actual
- Actualizado a 1 de febreiro de 2015.
Remove ads
Palmarés
Torneos nacionais
- Segunda División de España (1): 2007–08
- Subcampión da Segunda División B de España (2): 1994–95, 1996–97
- Terceira División de España (1): 1988–89
- Subcampión da Terceira División de España (1): 1983–84
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads