VG-4.8

vía para automóbiles de Campañó a Mosteiro de Poio From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A VG-4.8 ou Variante Norte de Poio[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Campañó (Pontevedra) e o Mosteiro de Poio (Poio); atravesa os concellos de Pontevedra e Poio. Ten unha lonxitude de 3,10 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-531 en Campañó (Pontevedra) e finaliza nun cruzamento coa PO-535 no Mosteiro de Poio (Poio).

Datos rápidos VG-4.8 Variante Norte de Poio, ID antigo ...
Remove ads

Percorrido

Inicia na rotonda da estrada PO-531 no lugar do Cachapal (concello de Pontevedra), con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de San Caetano (mesmo concello) e outra cara a sur a Pontevedra, seguindo á ligazón da estrada EP-0017 con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de Cabaleiro (mesmo concello) e outra cara a sur ao lugar do Vao (concello de Poio) e remata na rotonda da estrada PO-535 no lugar do Convento (mesmo concello) con 3 direccións, unha cara a norte á estrada EP-0606 con dirección ao lugar de Arís (mesmo concello), outra cara a sur ao mosteiro de Poio e outra cara a suroeste (estrada PO-535) á estrada PO-308 con dirección ao lugar da Seara (mesmo concello).

Remove ads

Historia

As primeiras obras iniciaron en outubro de 2002[3] e foi inaugurado en 2004[4] como viario para evitar a travesía de Poio desde a estrada PO-531 ata a estrada PO-308 co rodeo duns 6,8 quilómetros.

Treitos

Máis información Denominación, Treito ...

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads