Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

instituto galego de investigación From Wikipedia, the free encyclopedia

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Remove ads

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.

Datos rápidos Instancia de, Data ...
Remove ads

Descrición

Thumb
Hospital de San Roque, sede actual.

Foi fundado en 1993 [1] baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 [2] pola que exerce na actualidade.

Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:

  • Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:[3]
  • Proxecto Base de datos do ALiR (Atlas Lingüístico Románico), dirixido por Manuel González González
  • Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (22 números ata 2022);
  • Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual);
  • Proxecto Dicionario de literatura;
  • Proxecto Dicionario de termos literarios;
  • Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;
  • Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;
  • Proxecto de Informes anuais de literatura;
  • Proxecto de Cantigas de Santa María;
  • Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;

O centro naceu na estrada de Santiago de Compostela a Noia, na Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela, pero en xaneiro de 2014 trasladouse ó Hospitaliño de San Roque, na rúa de San Roque (Santiago).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads