Caducifolio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Caducifolio
Remove ads

Aplícase o adxectivo caducifolio (do latín decidere, caer) ás árbores ou arbustos que perden a súa follaxe durante unha parte do ano, a cal coincide na maioría dos casos coa chegada da época desfavorable, a estación máis fría nos climas temperados ou polares; algunhas árbores perden a follaxe durante a época seca do ano nos climas áridos. Estas árbores coñécense como árbores de folla caduca, decidua ou, de modo menos preciso tecnicamente, de folla caediza.

Thumb
Folla de figueira.

Moitas árbores e arbustos caducifolios florecen durante este período, xa que isto aumenta a efectividade da polinización. A ausencia de follas beneficia a dispersión do pole polo vento ou, no caso das plantas polinizadas por insectos, consegue que as flores sexan máis visibles para estes. Así e todo, esta estratexia non carece de riscos, xa que as flores poden resultar danadas pola xeada.

Cando as follas das árbores e arbustos caducifolios finalizan o período vexetativo e co cambio de cor da follaxe fican na árbore, denomínanse marcescentes. Dáse case sempre durante toda a estación fría (outono e inverno no hemisferio norte) até practicamente a saída das follas novas na seguinte primavera. É común en moitas especies de carballos, especialmente no cerquiño (Quercus pyrenaica), o caxigo (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e mailos carpes (Carpinus ssp.). No sur de Galicia ás veces tamén se dá no carballo común.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads