Calculadora científica

calculadora deseñada para calcular problemas de ciencia, enxeñería e matemáticas From Wikipedia, the free encyclopedia

Calculadora científica
Remove ads

Unha calculadora científica é un tipo de calculadora electrónica con varias posibilidades para aplicacións científicas: funcións trigonométricas comúns, cálculo de logaritmos ou, no caso das calculadoras gráficas, capacidade de debuxar gráficas.

Thumb
HP-35
Thumb
Unha calculadora científica Casio.

Thumb

Diferenza entre calculadora científica e programábel

Non se debe confundir a calculadora científica coa calculadora programábel. Se as funcións científicas poden implementarse nunha calculadora programábel, esta última, pola súa capacidade para recibir algoritmos máis ou menos complexos a través da súa linguaxe de programación, e capaz de implementar varios cálculos aplicados a datos, sendo asociada á familia dos ordenadores.

Historia

O 4 de xaneiro de 1972, Hewlett-Packard comercializou a HP-35, a primeira calculadora científica de peto, que utilizaba a notación polaca inversa[1].

A finais da década de 1970, unha das calculadoras científicas máis utilizadas na Europa era a TI-30, grazas á súa excelente relación calidade-prezo [2]. Esta máquina pasou por multitude de variacións ata principios dos anos 90, para posteriormente acompañar as tendencias do deseño. A principios da década de 1980 Texas Instruments comercializou o ordenador TI-99/4A.

En poucos anos houbo un declive debido á aparición de ordenadores, tablets, calculadoras en liña e posteriormente teléfonos móbiles con aplicacións de calculadoras incluídas ou mesmo acceso a calculadoras on-line.

A partir do ano 2020 é difícil atopar persoas que usen habitualmente ou teñan este tipo de calculadoras científicas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads