Calicore (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calicore (ou en grego Καλλιχόρη), tamén coñecida coma Xúpiter XLIV, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 11.[1][2]
Calicore ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,112 millóns de kms, tarda 717,806 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2042. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.
Recibiu oficialmente o seu nome en marzo do ano 2005, segundo algúns autores, Calicore era unha Nisíade, unha das ninfas que coidaron de Dioniso e segundo outros autores era unha das Musas, e coma tal filla de Zeus.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads