Pardela cincenta atlántica

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pardela cincenta atlántica
Remove ads

A pardela cincenta atlántica ou pardela cinsenta atlántica[2] (Calonectris borealis, antes Calonectris diomedea borealis) é unha pardela grande da familia de aves mariñas Procellariidae. Reprodúcese en colonias no arquipélago dos Azores no leste do Atlántico. Fóra da estación reprodutora vaga pola maior parte do Atlántico. Antes era considerada da mesma especie que a pardela cincenta mediterránea.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Taxonomía

A pardela cincenta atlántica foi descrita formalmente en 1881 polo ornitólogo americano Charles B. Cory a patir dun espécime da illa Chatham, Massachusetts. Acuñou para ela o nome binomial Puffinus borealis.[3] Agora a especie está situada no xénero Calonectris, que foi introducido en 1915 polos ornitólogos Gregory Mathews e Tom Iredale.[4][5] O nome do xénero combina a palabra do antigo grego kalos que significa "bo" ou "nobre" co nome do xénero Nectris que era o usado para as pardelas polo naturalista alemán Heinrich Kuhl en 1820. O nome Nectris vén da palabra do grego antigo nēktris, que significa "nadador". O epíteto específico borealis procede do latín e significa "norte".[6][7] Considérase que a especie é monotípica, é dicir, non esta dividida en subespecies.[5]

A pardela de Cabo Verde C. edwardsii (Oustalet, 1883) era antes considerada unha subespecie da pardela cincenta atlántica mais acabou por ser separada nunha especie propia (Snow, Perrins & Gillmor 1998). Esta pardela é endémica das illas de Cabo Verde e ten un bico delgado todo escuro, e unha cabeza e partes superiores máis escuras que a pardela cincenta atlántica. O seu voo foi descrito como bastante máis típico dunha pardela que o da pardela cincenta atlántica, con batidas de ás máis tensas e rápidas.

A pardela cincenta mediterránea e a atlántica eran antes consideradas conespecíficas. Formaban o complexo da pardela cincenta (Calonectris diomedea). Baseándose na falta de hibridación e diferenzas no ADN mitocondrial, morfoloxía e vocalización, o complexo foi dividido en dúas especies separadas. O dividirse a pardela cincenta en dúas especies, o nome "pardela cincenta atlántica" foi o adoptado para Calonectris borealis, mentres que a que previamente era a subespecie nomeada pasou a ser a pardela cincenta mediterránea (Calonectris diomedea).[5][8]

Remove ads

Descrición

Esta pardela é identificable polo seu tamaño, con 45–56 cm de lonxitude e unha envergadura alar de 112–126 cm. Ten partes dorsais grises amarronadas, partes ventrais brancas e bico amarelado. Carece da mancha marrón na barriga, as marcas no ombreiro escuras e o píleo negro da pardela encapuchada.

Distribución e hábitat

Reprodúcese na illa da Madeira, os Azores e o arquipélago das Berlengas de Portugal e nas illas Canarias de España.

Comportamento e ecoloxía

Esta ave voa con longos planeos e sempre coas ás inclinadas e formando ángulo lixeiramente cara atrás, a diferenza do voo coas ás ríxidas e rectas de especie de similar tamaño pardela encapuchada.

Reprodución

Nidifican en terreo aberto ou entre rochas ou menos a miúdo nun burato onde poñen un ovo branco. Este burato que usan como tobo é visitado de noite para minimizar o risco de predación polas gaivotas grandes. A final do verán e no outono, a maioría das aves migran ao Atlántico chegando tan ao norte como as costas do suroeste de Gran Bretaña e Irlanda. Volven ao Mediterráneo en febreiro. A maior colonia está localizada nas illas Salvaxes da Madeira.

Alimentación

A pardela cincenta atlántica aliméntase de peixes, moluscos e vísceras, e pode mergullarse profundamente (ata 15 m ou máis) en busca de presas. Segue frecuentemente os barcos de pesca, realizando ruidosas liortas. É unha especie gregaria que pode verse en gran cantidade desde os barcos ou promontorios apropiados. Na baía de Biscaia os barcos transbordadores son especialmente bos para ver esta especie. É silenciosa cando está no mar, pero de noite nas colonias reprodutoras pódense sentir infinidade de chamadas da aves grallando estridentemente.

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads