Cambisol
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un cambisol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un grupo de solo que presenta polo menos un horizonte subsuperficial incipiente, o que se evidencia por cambios na estrutura ou na cor, polo contido de arxila ou carbonato etc.

Os cambisois ocupan unha área estimada de 1.500 millóns de hectáreas a nivel mundial, sobre todo en rexións temperadas e boreais que se viron afectadas por glaciacións durante o Plistoceno, aínda que tamén poden aparecer en rexións secas. Nas zonas tropicais e subtropicais húmidas son menos comúns porque nelas a meteorización e a formación de solo prodúcense con moita maior velocidade.
É o tipo de solo máis abundante en Galicia, e adoita aparecer en abas de pendente suave, presentando un horizonte A de máis de 30 cm de profundidade, rico en materia orgánica, que repousa sobre un horizonte B de tipo cámbico.
Os cambisois úsanse intensivamente como terras agrícolas polas súas boas propiedades.
Remove ads
Véxase tamén
Bibliografía
- Macías Vázquez, Felipe; Calvo de Anta, Rosa (2001). "Los suelos". Atlas de Galicia. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. pp. 173–217. ISBN 84-453-3088-8.
- IUSS Working Group WRB: World Reference Base for Soil Resources, fourth edition. International Union of Soil Sciences, Vienna 2022, ISBN 979-8-9862451-1-9. ().
- IUSS Working Group WRB. (2015). Base referencial mundial del recurso suelo 2014, Actualización 2015 - Sistema internacional de clasificación de suelos para la nomenclatura de suelos y la creación de leyendas de mapas de suelos. (PDF). Informes sobre recursos mundiales de suelos No. 106. Roma: FAO. ISBN 978-92-5-108369-7.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads