Campamento, Madrid
barrio administrativo de Madrid (105) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Campamento é o nome que recibe na cidade de Madrid (España) o barrio nº 105, un dos sete que compoñen o distrito de Latina. O seu nome débese á presenza de cuarteis militares nel, actualmente en desuso e en proceso de recualificación como terreo urbanizable (Operación Campamento).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Campamento.
O barrio está urbanizado en menos do 50% e as súas barriadas esténdense de forma lineal nunha marxe da autovía do Suroeste.
Este barrio limita cos barrios de Aluche, Las Águilas e Cuatro Vientos ao sueste, separados del polo Paseo de Estremadura (A-5). Ao oeste limita co termo municipal de Alcorcón e ao norte co termo municipal de Pozuelo de Alarcón e o distrito de Moncloa-Aravaca.
Está dividido en barriadas como a Dehesa do Príncipe, a Colonia Gran Capitán, A colonia de Santa Mónica e a de Miradoiro Casa de Campo, que actualmente llas coñece como Colonia Xardín, está última é a barriada que creceu entre a A-5 e a estrada de Boadilla del Monte, a zona máis antiga.
O barrio áchase sobre uns terreos da era cuaternaria, que forman un gran chanzo sobre un estrato da era terciaria.
Discorre polo barrio o Arroyo Meaques, afluente do río Manzanares, que tras atravesar o barrio baña a Casa de Campo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campamento, Madrid ![]() |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads