Cangrexo do Mediterráneo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cangrexo do Mediterráneo
Remove ads

O cangrexo do Mediterráneo,[3] Carcinus aestuarii Nardo, 1847, é unha especie de crustáceo decápodo é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, propio do litoral Mediterráneo.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Taxonomía

A especie foi descrita en 1847 polo médico e naturalista italiano Giovanni Domenico Nardo.[2], como subespecie de Carcinus maenas: Carcinus maenas aestuarii.

Ao longo do tempo foi coñecida polos segunteds sinónimos:

  • Carcinus maenas aestuarii
  • Carcinus mediterraneus Czerniavsky, 1884[2]
  • Portunus menoides Rafinesque, 1817[2]

Características

Trátase dunha especie moi similar a Carcinus maenas (o cangrexo común) polo que algúns autores considerárono como unha subespecie deste.

Pero análises de ADN que compararon o xenoma da citocromo c oxidase revelaron diferenzas substanciais entre ambas as especies, apoiando o seu status de especies separadas.[4]

Ambas as especies poden diferenciarse visualmente pola parte frontal da casca que se encontra entre os ollos, que é máis curta e aserrada en C. maenas e máis longa e lisa en C. aestuarii.[5]

Ademais, os gonopodios de C. aestuarii son rectos e paralelos, mentres que os de C. maenas son curvos, en forma de gancho.[5]

A diferenza de C. maenas, que invadiu muoitas costas por todo o mundo, C. aestuarii sóo se viu implicado nunha invasión: a costa xaponesa foi invadida por espécimes de C. aestuarii ou, talvez, híbridos de C. aestuarii e C. maenas.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads