Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo
avogado español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, nado en Madrid o 2 de outubro de 1948, é un aristócrata español, XIX Duque de Alba de Tormes, fillo de Cayetana Fitz-James Stuart e de Luis Martínez de Irujo y Artázcoz.
Remove ads
Vida e familia
Carlos naceu nunha das familias máis selleiras da aristocracia española, a Casa de Alba, primoxénito da XVIII duquesa de Alba de Tormes Cayetana Fitz-James Stuart e de Luis Martínez de Irujo y Artázcoz, fillo dos duques de Sotomayor e marqueses de Casa Irujo. Desde 1954 ostentou o título de XIV Duque de Huéscar, coma sucesor da Casa de Alba. Cambiou a orde dos seus apelidos, o mesmo co seu irmán Jacobo, polo que pasou a apelidarse Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo en troques de Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart. Licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Despois converteuse en presidente da Fundación Hispania Nostra.
O 18 de xuño de 1988 contraeu matrimonio no Altar Maior da Catedral de Sevilla con Matilde de Solís-Beaumont y Martínez de Campos, filla de Fernando Solís-Beaumont y Atienza, X marqués de la Motilla, e da súa esposa, Isabel Martínez de Campos y Rodríguez-Garzón (filla dos duques de La Seu d'Urgell), con quen tivo dous fillos:
Este matrimonio foi declarado nulo.[1]
Desde o falecemento da súa nai, o 20 de novembro de 2014, foi Duque de Alba de Tormes in pectore, título que lle foi recoñecido (coa correspondente Grandeza de España, en adiante GE) por Orde publicada no BOE de 16 de xuño de 2015, xunto aos títulos de Conde de Lemos (GE), Conde de Lerín (e Condestable de Navarra, tamén con GE), Conde de Miranda del Castañar (GE), Conde de Monterrey (GE), Conde de Osorno (GE), Duque de Berwick (GE), Duque de Liria y Jérica (GE) e Marqués del Carpio (GE)[2][3].
Na súa xuventude, e despois, cara a 2006, o duque de Huéscar foi parella da millonaria empresaria Alicia Koplowitz, marquesa de Bellavista.[4]
É titular do Condado de Ribadeo desde o 2013, pola distribución de títulos feita pola súa nai entre os fillos[5].
Remove ads
Distincións e condecoracións
- Académico numerario na Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla)[6].
- Cabaleiro Gran Cruz de Justicia da Sagrada Orden Militar Constantiniana de San Jorge (Vice-gran Prefecto de 1970 a 1990).[7]
- Cabaleiro da Insigne y Real Orden de San Jenaro.[8]
- Cabaleiro da Real Maestranza de Sevilla.
- Patrono da Fundación Focus-Abengoa (15 de novembro de 2004).
- Patrono da Fundación Casa de Alba.
Remove ads
Antepasados
Antepasados do XIX duque de Alba
Predecesor: María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva |
![]() |
Sucesor: No cargo |
Remove ads
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads