Castelo de Montjuïc

From Wikipedia, the free encyclopedia

Castelo de Montjuïcmap
Remove ads

O castelo de Montjuïc (en catalán: Castell de Montjuïc) foi unha fortaleza militar e, despois da guerra civil, foi un museo militar. Dende 1963 é un equipamento municipal dependente do concello de Barcelona. Atópase no cumio da montaña de Montjuïc de Barcelona, a máis de 170 m de altura sobre unha formación rochosa.

Datos rápidos Tipo, Persoas e organizacións ...
Remove ads

Antecedentes

Thumb
Atalaia de Montjuïc.

Unha atalaia medieval destinada a informar con sinais da proximidade de barcos foi a primeira construción que ocupou o cumio da montaña, que se atopa no suroeste da cidade de Barcelona, chamado daquela en latín Mons Judaicus (Monte xudeu) ou Mons Jovicus (Monte de Xúpiter).

O nome de Montjuïc deriva de "mons judeiqus", expresión que fai referencia á presenza na montaña do cemiterio da comunidade xudía medieval de Barcelona, documentado como mínimo dende o século IX até o século XIV. A destrución do Call da cidade en 1391 comportou o abandono do cemiterio.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads