Castriño de Conxo

poboado fortificado con petróglifos en Conxo, Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia

Castriño de Conxo
Remove ads

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo,[1] no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Datos rápidos Tipo, Conservación ...
Remove ads

Os petróglifos

Nunha rocha pouco elevada sobre o terreo (como é común nos petróglifos galegos) situada no parapeto superior do asentamento castrexo atopamos uns petróglifos gravados na súa superficie que posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas aos modelos británicos datables ao redor do III-II milenio a.C. Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel ou escudos triangulares.

Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira máis á dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas (de representación moi pouco usual nas nosas terras), arma de orixe centroeuropea, e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas.

As armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.

Remove ads

O castro

Pese a que non foi obxecto de estudo, realizáronse diversas prospeccións arqueolóxicas que percibiron un recinto ovalado moi irregular. Nel atopáronse muíños de man e diversos anacos de cerámicas castrexas. Só un muro foi visible, de 5 metros de lonxitude por medio metro de altura.

Estado

Atópase en completo estado de abandono, polo que non é fácil a súa visita, xa que se atopa cuberto de vexetación e arboredo. Está dividido por un aramado que o divide quedando gran parte do sitio en propiedade privada. Por riba disto, en maio de 2019 sufriu unha salvaxe vandalización cando o rascaron remarcando con pedra os sucos do petróglifo.[2][3][4][5][6]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads