Castro de Toiriz

poboado fortificado en Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia

Castro de Toirizmap
Remove ads

O Castro de Toiriz, tamén coñecida como Eira dos Mouros, é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro, situado preto da aldea de Toiriz, na parroquia e concello de Silleda.

Datos rápidos Tipo, Conservación ...
Remove ads

Descrición

Este poboado castrexo, situado ás aforas do núcleo urbano de Silleda, non foi aínda escavado, pero dada a súa localización e os restos atopados nel, pénsase que este recinto foi levantado arredor do século IV a.C.. O castro está formado por dous recintos amurallados, un deles de forma circular situado na parte superior do outeiro, a chamada Eira dos Mouros e o outro discorre nun plano inferior apegado ao antes citado pola parte sur e leste. Pola parte exterior deste último recinto aparece un sistema defensivo composto de foso e parapeto.

Ademais, os Castros de Toiriz son protagonistas de numerosas lendas populares que lle dan un certo carácter místico. Por todo o recinto atópanse diversos paneis informativos, explicando algunha das súas características, así como imaxes do paisaxe que se observa. A restauración foi levada adiante grazas ao Colectivo pola Recuperación dos Catros de Toiriz no ano 2010.

Remove ads

Véxase tamén


Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads