Catálise

proceso químico acelerador da reacción From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

En química e bioloxía a catálise é a aceleración (incremento da velocidade) da reacción química por medio dunha substancia, chamada catalizador, que non é consumida na reacción. Esta verba é derivada do seu nome grego κατάλυσις.

O catalizador prové un mecanismo de reacción alternativo, no que a enerxía de activación é menor có do mecanismo orixinal de reacción. O catalizador participa na reacción pero non é un reaxente nin un produto da reacción que cataliza. Unha excepción son os procesos de autocatálise onde os produtos da reacción promoven a aceleración da reacción.

O concepto de catálise foi inventado pola química Elizabeth Fulhame e descrito nun libro de 1794, baseado no seu novo traballo en experimentos de oxidación-redución.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads