Catching Fire
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Catching Fire é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2009. Como secuela da novela de 2008 The Hunger Games, continúa a historia de Katniss Everdeen e a nación postapocalíptica de Panem. A rebelión contra o opresivo Capitolio comezou, e Katniss e o seu compañeiro tributo Peeta Mellark son obrigados a regresar á area de combate nunha edición especial dos Xogos da fame.
O libro foi publicado o 1 de setembro de 2009 por Scholastic en formato impreso de tapas duras, e posteriormente en formato libro electrónico e audiolibro. A adaptación cinematográfica da novela estreouse o 22 de novembro de 2013. Catching Fire recibiu maioritariamente críticas positivas, que loan a prosa de Collins, o final do libro e desenvolvemento da personaxe de Katniss. De acordo cos críticos, os principais temas do libro son a supervivencia, o control gobernamental, a rebelión e a interdependencia contra a independencia.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads