Cova
cavidade natural do terreo causada por erosión, que pode ser usada como refuxio por persoas ou animais From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cova (homónimos).



Clasificación
As covas poden clasificarse segundo varios parámetros:
- pola localización xeográfica:
- mariña, que habitualmente se chaman furnas (coma a Boca do inferno nas illas Cíes);
- terrestre, das cales a máis longa en Galicia é a chamada Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo;
- pola ontoxenia ou causas da formación:
- calcarias, procedentes da disolución e deposición por saturacióndo carbonato de calcio, creando as habituais formacións internas estalagmitas, estalactitas, columnas e gours e as externas dolinas, sifóns etc. Ás zonas onde se concentran adóitaselles chamar kársticas ou cársticas, pola rexión balcánica chamada Karst onde está unha das maiores concentracións destas formas;
- orgánicas, tamén por disolución e por precipitación pero de substancias orgánicas coma taninos, humina etc.;
- de disgregación ou erosión: marítimo-salina (na beiramar), térmica (no deserto), eólica (normalmente en barlovento) etc. Tanto a estas coma ás anteriores se lles veñen chamando nos últimos tempos pseudokarst ou pseudocarst;
- pola dirección de desenvolvemento:
Remove ads
Distribución
En Galicia existen principalmente tres zonas con covas:
- o sueste galego, onde está por exemplo a Pala da Zorra, en Covas, Rubiá, Ourense;
- o afloramento calcario do norte de Lugo, onde está a famosa cova do Rei Cintolo, a máis longa de Galicia;
- as zonas montañosas interiores próximas ós ventos costeiros (as covas do Folón e do Maúxo, a Serra do Suído, o monte Galiñeiro, Pico Sacro etc.)
Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.
Remove ads
Antropoloxía
As covas sempre foron obxecto dun temor atávico por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: as mouras e os mouros, os franceses, os trasnos etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada por Vicente Risco en A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, en Pico Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.
Lexicoloxía
A lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:
- Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
- Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ata Oceanía (Bora Bora) [Cómpre referencia];
- Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
- Espelunca ou espenuca, denominación de orixe grega;
- Sima, un substantivo de orixe descoñecida.
Remove ads
Vivenda
Os habitantes das covas son os cavernícolas ou trogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigos homínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificiais:
- os indios Mesa de Centroamérica;
- os xitanos de Sacromonte, na provincia de Granada;
- algunhas aldeas de Capadocia, Turquía;
A causa de que se habiten é que o ambiente químico (térmico e higrométrico) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para a arqueoloxía, a paleoantropoloxía e a antropoloxía en xeral:
- pinturas rituais (coma en Lascaux, Francia; Altamira, Cantabria; as pinturas do pobo tuareg no deserto do Sáhara) dos humanoides que as habitaban;
- restos humanos e animais soterrados ou non, normalmente óseos e fosilizados pero excepcionalmente tamén de partes brandas momificadas ou embalsamadas;
- restos das súas pertenzas, coma aveños, muíños de pedra, instrumentos ou roupas;
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cova |
Outros artigos
- Espeleoloxía.
- Pala.
- Karst.
- Covas de Galicia
Ligazóns externas
- Catálogo dos tipos de covas baseado na clasificación internacionalArquivado 07 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (con fotos de exemplos en Galicia), con documentación técnica.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads