Celbridge

From Wikipedia, the free encyclopedia

Celbridge
Remove ads

Celbridge en inglés ou Cill Droichid en irlandés, é unha vila próxima ao río Liffey, na provincia de Leinster, no Condado de Kildare, Irlanda. Está situado a 22 quilómetros de Dublín, e ten unha poboación aproximada de 20,000 habitantes.

Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Remove ads

Nos últimos anos Celbridge experimentou un forte crecemento, aínda que a meirande parte dos servizos e o entretemento da cidade encóntranse en “main street” (a rúa principal). De feito, Celbridge é o municipio máis grande de Irlanda que ten só unha rúa. Aínda que aumentou de tamaño, non ten novas rúas "streets", senón "roads", moito máis pequenas e de menos importancia.

O nome de Celbridge deriva do gaélico "Cill Droichid", algo así como "A igrexa pola ponte". En ocasións foi denominada Kildrought en inglés.

Thumb
Igrexa Católica en Celbridge
Remove ads

Lugares de interese

A vila de Celbridge é moi coñecida porque nela se encontra a casa de Castletown. Castletown House atópase en "main street", e é coñecida como a casa máis grande de Irlanda, contruída en 1722. Entroutros, ten unha enorme sala de 80 pés elegantemente decorada e unha impresionante escaleira principal no vestíbulo, de viga voladiza e feita con pedra de Portland.

"Connolly's Folly" ou "The Obelisk" (o obelisco) é unha estrutura obelística achegada a Castletown House, construída en 1739. Mide 42 metros de alto e está decorada con formas de piedra.

Remove ads

Personaxes públicos

Celbridge foi lugar de residencia de Vanessa Van Homrigh, a amante de Jonathan Swift, o famoso escritor irlandés, autor de As viaxes de Gulliver.

Sir Arthur Guinness, fundador da empresa cervexeira que leva o seu nome, tamén naceu nesta localidade.

Damien Rice, gran figura da música irlandesa actual, é de Celbridge, ao igual que a banda Bell X1.

Ligazóns

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads