Cemiterio
lugar de enterramento From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un cemiterio[1] ou camposanto[2] é un lugar onde se depositan os cadáveres, os restos mortais dunha persoa defunta.

Características
As necrópoles existiron desde hai ben tempo. Xa durante o megalitismo construíronse dolmens para deixar os corpos das persoas falecidas.
O proceso de inhumación varía segundo a cultura do lugar. Os corpos poden introducirse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente ser envoltos en teas. Á vez, ben poden ser sepultados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos ou outro tipo de sepulturas. Tamén é común a cremación cos corpos e o depósito das cinzas no cemiterio.
Usualmente, os cemiterios son comunitarios, atopándose no recinto as tumbas dos membros da comunidade, sen chegar a ser tumbas colectivas, pois cada defunto ten o seu propio espazo determinado aínda que, por decisión familiar, tamén poden enterrarse varios familiares no mesmo lugar.
A palabra cemiterio procede do termo grego koimetérion ("dormitorio"), pois segundo o cristianismo, os corpos dormen até o día da resurrección. No caso dos cemiterios católicos, tamén son coñecidos co nome de camposantos. Esta denominación comezou a usarse en Pisa, onde se soterrou con terra traída de Xerusalén o cemiterio construído no século XIII dentro da cidade.[Cómpre referencia]
É un lugar por tradición asociado a numerosas lendas e mitos.
Remove ads
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de cemiterios de Galicia.
- Graba, Silleda
- Nena nun cemiterio
- Cemiterio en Teo, Galiza
- Mariña luguesa
- Vista dun cemiterio en Graba, Silleda.
- Panteón nun cemiterio na Estrada.
- Cruces nun cemiterio en Outeiro de Rei
- Cemiterio en Noia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads