Central nuclear de Lemoiz

From Wikipedia, the free encyclopedia

Central nuclear de Lemoizmap
Remove ads

A central nuclear de Lemoiz é unha central nuclear que non chegou a ser posta en funcionamento, situada na localidade biscaíña de Lemoiz, no País Vasco (España). Comezou a construírse en 1972 da man da compañía eléctrica Iberduero, e aínda que o grupo I (dos dous de que constaba o proxecto) estaba rematado e unicamente estaba a falta de ser cargado co combustible, foi paralizado polo Goberno español de Felipe González en 1984.

Datos rápidos Tipo, Estado de uso ...

Na construción da central, empregáronse máis de 1000 toneladas de ferro e 200 000 m³ de formigón armado. A construción e posterior desmantelación da central, ascendeu a 6 000 millóns de euros.

Remove ads

Proxecto

O proxecto de construción da central nuclear de Lemoiz xurdiu a principios da década de 1970, como parte dun ambicioso plan da empresa eléctrica vasca Iberduero (actualmente Iberdrola), que proxectaba varias centrais nucleares na costa vasca (en Lemoiz, Ea-Ispaster e Deba) e na ribeira do río Ebro, preto da localidade navarra de Tudela. As centrais de Deba e Tudela contarían con dous grupos de 1000 MW cada un, mentres que a de Ea–Ispaster contaría con seis unidades de 1000 MW cada un.

Nos primeiros anos da década dos setenta comezan as obras co recheo da cala de Basordas, para a instalación de dous reactores nucleares. Os traballos inícianse a falta dalgúns dos permisos de obras. Westinghouse proporcionaría os equipos para os sistemas de vapor, a turbina e a primeira carga de combustible nuclear. Lemoiz I entraría en servizo en novembro de 1976 e Lemoiz II en xuño de 1978. Cunha licenza provisional, que só permite a realización de obras provisionais, lévaronse a cabo a maior parte das obras.

En 1979, nunha protesta en Tudela que incluía o rexeitamento a esta central, morría por un disparo Gladys del Estal.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads