Cera
substancia de orixe vexetal ou animal, sólida, insoluble en auga, pastosa pola acción da calor From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de froitos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.


Remove ads
Rol biolóxico das ceras
- Protección: debido ó seu carácter altamente hidrófobo, repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e froitos de plantas (cutina).
- Estrutural: as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou froitos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das abellas.
Remove ads
Usos da cera

Utilizouse tradicionalmente para facer cirios, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.
Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno.
A cera tamén é unha substancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel.
Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads