Cesáreo Onzari
futbolista arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Buenos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcorrería case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.
Coa Selección de fútbol da Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.
Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.
O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia [1]. Sucedeu nun encontro amigábel entre a Selección de fútbol da Arxentina e a de Uruguai vixente campión olímpico, de aí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.
Remove ads
Participación na Copa América
Palmarés
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads