Cigarrón

máscara característica do entroido de Verín From Wikipedia, the free encyclopedia

Cigarrón
Remove ads

Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.

Thumb
Detalle da máscara e traxe.

Características

A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.

O traxe está composto por:

  • Unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores.
  • Sobor dos ombreiros unha panoleta despurundada á chaqueta.
  • Unha gran faixa vermella enrolada á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinto do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas.

Zapatos mouros e un mallo na man completan a vestimenta deste personaxe típico do entroido de Verín.

Remove ads

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads